ORDE do 11 de febreiro de 2014 pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2013/2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Obxecto da convocatoria: axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos estudantes das universidades do Sistema Universitario de Galicia e dos centros asociados da UNED en Galicia que participan no citado programa de mobilidade universitaria durante o curso 2013/2014.
Duración da bolsa: As actividades que se subvencionan nesta convocatoria serán realizadas durante o curso académico 2013-2014.
Requisitos dos/as solicitantes:
a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia
legalizada no Estado español.
b) Estar matriculado no curso 2013-2014 en calquera das universidades públicas do
sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos universitarios de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.
c) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda achegada pola Unión Europea no marco do Programade aprendizaxe permanente para participar na acción de mobilidade para estudos dentro do Programa Erasmus ou do Goberno de Suíza.
d) Que a duración mínima da estadía, para efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses e a máxima de nove meses.
e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
Prazo e forma de presentación de solicitudes:
√ Poderán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.es ou por calquera outro medio válido en dereito.
√ O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o seguinte ao
da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia
Documentación que hai que presentar: Xunto coa solicitude (anexo I, modelo normalizado ED417A) deberá achegar, copia do DNI do solicitante, en caso de non autorizar a súa verificación.
+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140220/AnuncioG0164-140214-0001_gl.pdf