MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE – BOE, 11 FEBREIRO
Orden ECD/172/2014, de 5 de febreiro, pola que se convocan 70 bolsas para a formación e investigación
A distribución das 70 bolsas de formación e investigación é a seguinte: 13 serán de formación en documentación e lexislación educativa; 16 en observación e deseño de cualificacións profesionais; 9 en investigación, innovación educativa e bilingüismo; 8 en evaluación educativa; 16 en tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación e 8 en documentación, biblioteca, arquivo e estadísticas educativas.
REQUISITOS DOS CANDIDATOS/AS
a) Ostentar a nacionalidade española, ou de algún outro Estado Membro da Unión Europea con perfecto dominio da lingua española e residencia en España no momento da súa incorporación ó desfrute da bolsa.
b) Estar en posesión da titulación requerida para cada tipo de bolsa e tela obtido con posterioridade ó 1 de xaneiro do 2010.
PRAZO: 20 días naturais, a contar dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no BOE.
+INFO: http://www.boe.es/boe/dias/2014/02/11/pdfs/BOE-A-2014-1467.pdf