MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE – BOE, 5 FEBREIRO
Resolución de 30 de xaneiro de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan prazas para auxiliares de conversación en centros educativos para o curso académico 2014-2015. (BOE núm. 31 do 5 de febreiro de 2014)
Convócanse prazas de Auxiliares de conversación de lingua española para o curso escolar 2014-2015 en centros docentes de Alemania, Australia, Austria, Bélgica, Canadá, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Nueva Zelanda e Reino Unido, según a distribución e as cifras que figuran no Anexo I da resolución.
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
Ser estudantes de último curso ou ter obtido unha das titulacións que se relacionan no Anexo I nos cursos académicos 2010-2011, 2011-2012 o 2012-2013. Non ter ocupado praza de auxiliar de conversación con anterioridade.
A orde de prioridade e a valoración dos méritos dos candidatos calcularanse de acordo coas especificacións que se establecen no Anexo III.
SOLICITUDES E PRAZO
Os candidatos inscribirán as súas solicitudes na sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, aplicación Profex, accesible dende http://sede.educacion.gob.es/profex.
O prazo para cumprimentar e presentar a solicitude será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente Resolución no BOE.
ENLACE: http://www.boe.es/boe/dias/2014/02/05/pdfs/BOE-A-2014-1202.pdf