ORDE do 27 de xaneiro de 2014 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG. núm. 26, 7 de febreiro de 2014).
Obxecto: establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2014 nas seguintes especialidades:
– Operador/ora industrial de caldeiras.
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Instalador/ora de gas, categoría A.
– Instalador/ora de gas, categoría B.
– Instalador/ora de gas, categoría C.
– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
Requisitos dos aspirantes:
●Estaren en idade legal laboral ou teren cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
●Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
Solicitudes e documentación das persoas aspirantes:
1. Deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante instancia (anexo I). No caso de teren interese na obtención de máis dun carné ou habilitación profesional presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa documentación xustificativa.
2. A documentación presentarase na sede electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.
Prazo de presentación de solicitudes:
1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 10 ao día 21 de febreiro de 2014, ambos os dous incluídos.
2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 12 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.
Taxas: Coa solicitude deberase presentar xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas (importe de 38,37 euros), validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.