Resolución de 27 de xaneiro de 2014, do Centro de Investigacións Sociolóxicas, pola que se convocan subvencións para formación e investigación, para o ano 2014 do Ministerio de Presidencia.
Obxecto: convocar cinco axudas para a explotación do Banco de Datos do CIS, e dous axudas para a finalización de teses doutorais en ciencia política ou socioloxía, en materias de interese para o Organismo. Das cinco axudas para a explotación do Banco de Datos do CIS, dous serán para investigadores individuais e tres para equipos de investigación.
Dotación das axudas: A dotación económica para cada modalidade de subvención e con carácter individual será a siguinte:
a) Nas axudas individuais para a explotación do Banco de Datos do CIS a contía de cada unha será de 6.000 euros.
b) Nas axudas a un equipo investigador para a explotación do Banco de Datos do CIS a contía de cada unha será de 10.000 euros.
c) Nas axudas para a finalización das teses doutorais a contía será de 5.000 € cada unha.
Requisitos dos beneficiarios:
1. Persoas de nacionalidade española, cidadáns de algún Estado membro da Unión Europea ou de terceiros países que desenvolven a súa labor investigadora en España.
2. Os beneficiarios individuais das axudas para a explotación do Banco de Datos do CIS deberán acreditar que superaran o Diploma de Estudos Avanzados (Suficiencia investigadora) ou equivalente.
3. Os investigadores principais de equipos de investigación beneficiarios das axudas para a explotación do Banco de Datos do CIS deberán estar en posesión do título de doutor nalgunha disciplina ou área das ciencias sociais.
4. Os beneficiarios das axudas para a finalización das teses doutorais deberán acreditar que teñen superado o Diploma de Estudos Avanzados (Suficiencia investigadora) ou equivalente, e xustificar que se está na fase de finalización da tese doutoral en ciencia política ou socioloxía.
Duración das axudas: O disfrute das axudas concluirá o día 31 de decembro de 2014.
Prazo: O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais, a contar desde o seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOE.
Cada solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
a) Currículum vitae (méritos académicos e profesionais). Engaderase declaración das investigacións realizadas, ou nas que os solicitantes participasen nos últimos cinco anos.
b) Para as Axudas á explotación do Banco de Datos do CIS: breve memoria explicativa do proxecto de investigación. Unha copia en soporte electrónico. Cando se trate dun equipo de investigación, deberá ser presentada polo investigador principal e os nomes e apelidos dos investigadores secundarios como os compromisos de execución asumidos por cada un dos membros do equipo e o importe a aplicar a cada un deles.
c) Para as Axudas á finalización de Teses Doutorais: breve memoria explicativa do proxecto da tese. Unha copia en soporte electrónico.
d) No caso de solicitantes que sexan cidadáns dalgún Estado membro da Unión Europea ou de terceiros países deberán presentar algún documento que acredite que desenvolven a súa laboura investigadora en España.
+ INFO: http://www.boe.es/boe/dias/2014/02/03/pdfs/BOE-A-2014-1124.pdf