ORDE do 30 de decembro de 2013 pola que se convocan para o ano 2014 as axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-201 da CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR.
Obxecto e finalidade:
1. Esta orde ten por obxecto convocar as seguintes liñas de axuda:
a) Plans de mellora nas explotacións agrarias (procedementos MR405A e MR409A).
b) Primeira instalación de agricultores/as mozos ou mozas (procedemento MR404A).
c) Fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo (procedemento MR323C).
2. As ditas liñas de axuda están establecidas na Orde do 13 de xuño de 2013 (DOG nº 118, do 21 de xuño de 2013).
Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización (procedementos MR405A e MR409A).
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario (procedemento MR404A).
c) A mellora dos procesos produtivos das entidades asociativas agrarias (procedemento MR323C).
4. As solicitudes destas axudas tramitaranse de acordo coa presente orde e coas bases reguladoras da Orde do 13 de xuño de 2013.
Beneficiarios e investimentos elixibles:
Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións agrarias ou que pretendan selo para as axudas establecidas no artigo 1, parágrafo 1.a) e 1.b), e as cooperativas agrarias, as súas unións e as cooperativas de explotación comunitaria da terra, para as axudas establecidas no artigo 1, parágrafo 1.c), que en todos os casos teñan por obxecto prioritario levar a cabo actuacións na produción primaria.
Os investimentos elixibles nesta convocatoria figuran no anexo XI da orde de bases, excluíndose os correspondentes ao aforro enerxético e a instalacións de muxidura que non estean incluídas nun proxecto de obra civil dunha explotación leiteira.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes será dun mes.
+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140122/AnuncioG0165-140114-0012_gl.pdf
DOG. núm. 118, do 21 de xuño de 2013: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130621/AnuncioG0165-140613-0004_gl.pdf