ORDE do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2014 da CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR (DOG. núm. 16, 24 de xaneiro de 2014).
OBXECTO: establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas previstas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2014 en réxime de concorrencia competitiva.
LIÑAS DE SUBVENCIÓNS:
a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible.
b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga.
BENEFICIARIOS: Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, así como as súas agrupacións e mancomunidades. No caso de agrupacións, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.
SUPERFICIES FORESTAIS MÍNIMAS PARA SOLICITAR SUBVENCIÓN: A superficie forestal mínima por expediente será de 250 ha. Para acadar a superficie as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) poderán formar unha agrupación, sempre que as CMVMC se encontren nunha mesma provincia e, ademais, cumpran con algún destes requisitos:
Localización nun mesmo concello.
Localización en concellos limítrofes sempre que sexan estremeiras.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES, IMPORTES, CONTÍAS E CRITERIOS DE SELECCIÓN: as accións subvencionables, así como os importes e as porcentaxes máximas subvencionables recóllense nos capítulos II e III desta orde para cada liña de subvención.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: a documentación presentarase na sede electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
+ INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140124/AnuncioG0165-160114-0005_gl.pdf
Para máis información: 981513061 Concello de Boqueixón