ORDE do 20 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e se procede a súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN225A) da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA.
OBXECTO: contribuir á formación titorial de profesionais da actividade comercial e o seu ámbito.
DURACIÓN DA BOLSA: todo o ano 2014
REQUISITOS:
a) Ser español ou nacional de calquera Estado da Unión Europea, e ter domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de prefeccionamento ou CELGA 4
c) Estar en posesión de título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao ó remate do prazo de presentación de solicitude e ter rematado os estudos no 2005 ou posterior.
d) Non ter desfrutado doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio.
e) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
f) Non ter enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
g) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
DOTACIÓN ECONÓMICA: Importe máximo de 10.800 euros brutos distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes.
CENTRO DE DESTINO E XORNADA: a formación terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio en xornada de mañá.
PRAZO E SOLICITUDES: (consultar o artigo 7º)
1. A documentación presentarase na sede electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da orde no DOG, con data do 9 de xaneiro de 2014.
2. Orixinal ou copia compulsada do DNI e certificado de empadroamento.
3. Documento acreditativo do nivel de coñecemento do idioma galego.
4. Título académico ou xustificante de pagamento dos dereitos para a súa expedición.
5. Certificación académica persoal de carácter oficial.
6. Curriculum vitae.
7. Declaración de non ter disfrutado doutras bolsas da Dirección Xeral de Comercio ou doutros organismos e non estar percibindo outra compensación económica por actividade profesional ou por desemprego (anexo III).
+ Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140109/AnuncioCA04-301213-0001_gl.pdf