POSTO: ATENCIÓN Ó CLIENTE
LUGAR: SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNCIÓNS: A punto de pechar a selección de persoal dunha empresa de marketing en Santiago de Compostela, para postos de atención ó cliente en Santiago, quedan 2 postos por cubrir.
Tarefas a realizar: trato directo e personal co cliente, altas, baixas, modificacións, documentación, ….
REQUISITOS: de 20 a 30 anos, dispoñibilidade de xornada completa, incorporación inmediata, BOA IMAXE.
+INFO:
POSTO: COMERCIAL CLÍNICA SAÚDE
LUGAR: Santiago de Compostela
REQUISITOS: Seleccionamos comercial con experiencia no sector sanitario. Valorarase coñecementos en venda de produtos sanitarios, ortopédicos e/ou farmacéuticos. Ter vehículo propio
+INFO:
POSTO: PROMOTOR/A
LUGAR: Santiago de Compostela
REQUISITOS: Reparto de folletos pola zona nova de Santiago de Compostela cun disfraz navideño, coa finalidade de promover o comercio en dita zona. Días de traballo: do 18 ó 23 de decembro; 2,3 e 4 de xaneiro. Horario: 12.30-13.30 e 17.00-20.00 horas.
+INFO:
POSTO: TRABALLO MEDIA XORNADA ONG
LUGAR: Santiago de Compostela
FUNCIÓNS: Traballando co comité español do ACNUR, como captador axudarás de forma indirecta a millóns de persoas no mundo. Sen empresas intermediarias, alta en seguridade social e un salario mínimo asegurado.
Trátase dun traballo en equipo, con horario flexible media xornada (4,5 horas diarias en turno de mañá ou tarde), ideal para compaxinar con estudos u outras labouras. Ademais ofrecemos posibilidades reais de promoción dentro do equipo. O traballo consiste en falar con todo aquel que queira escoitar, e animarlles a que colaboren con a ong ACNUR, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados.”
REQUISITOS: Buscamos mozos/as extrovertidos, con capacidade de traballo en equipo, afán de superación e autonomía. Incorporación inmediata. Identificación cos valores do ACNUR.
+INFO:
POSTO: COLABORADOR COMERCIAL SANTIAGO DE COMPOSTELA
LUGAR: Santiago de Compostela
FUNCIÓNS: Axencia de seguros que distribúe en exclusiva produtos de Santalucía, selecciona persoas con habilidades comunicativas, vocación comercial e capacidade para o traballo en equipo. Ofrecen:
Formación específica e continua de cada produto.
Funcións auxiliares de tramitación administrativa.
Posibilidades de promoción.
Incorporación inmediata á empresa.
Sen horario establecido.
REQUISITOS: Estudos mínimos BUP/COU // Experiencia mínima non requerida
+Info:
POSTO: PROMOTOR DEPENDENTE TELEFONÍA MÓBIL
LUGAR: Santiago de Compostela
FUNCIÓNS: importante distribuidor de telefonía móbil selecciona promotores para traballar no stand duns grandes almacéns situados en Santiago. Promoción e venda de produtos e accesorios de telefonía móbil e telecomunicacións. Horario: rotativo semanalmente de mañá e tarde. Xornada completa, con salario fixo mensual. Contrato temporal.
REQUISITOS: Selecciona promotores con experiencia no sector de telefonía móbil e telecomunicacións, orientados ó cliente e ás novas tecnoloxías, con aptitudes comerciais e acostumados a traballar por obxectivos. Experiencia mínima de 1 ano demostrable.
+Info:
POSTO: CAMAREIRO DE PISO
LUGAR: Santiago de Compostela
FUNCIÓNS: Precísase incorporar persoal con experiencia en limpeza de habitacións de hoteis de alta categoría
REQUISITOS: Experiencia previa no posto. Residencia en Santiago de Compostela ou arredores.
+Info:
POSTO: RECEPCIONISTA
LUGAR: A Coruña
FUNCIÓNS: Recepción de chamadas, arquivo de expedientes, cobro a clientes.
REQUISITOS: Grupo Norte busca recepcionista para clínica de salud en Coruña.
+ INFO:
POSTO: COORDINADOR EQUIPO DE VENDAS EN MODALIDADE DE TELETRABALLO
LUGAR: A Coruña
FUNCIÓNS: Coordinación de equipo de comerciais en modalidade de teletraballo
REQUISITOS: Experiencia como coordinador de equipos de venda telefónica de polo menos dous anos. Habilidade no manexo de ferramentas informáticas. Dispoñer de PC, ADSL e cascos. Persoa acostumada a traballar por obxectivos con grandes habilidades comunicación e orientación comercial. Persoa autónoma no traballo, con alta capacidade de motivación. Alto nivel de compromiso e responsabilidade. Valorarase experiencia en venda de produtos de televisión de pago.
+ Info:
POSTO: ANALISTA PROGRAMADOR/A.NET
LUGAR: A Coruña
FUNCIÓNS: Programador/a con coñecementos de C#,C++ e SQLServer.
Desenvolvemento de software para dispositivos móbiles, programación en J2EE e Web-Services
Requisitos: requírese Diplomatura / Enxeñería Técnica e polo menos 2 anos de experiencia.
Experiencia demostrable de máis de 2 anos
+Info:
POSTO: ANALISTAS PROGRAMADORES JVA CON STOKETS
LUGAR: A Coruña
FUNCIÓNS: Selección para un importante cliente nun proxecto de gran envergadura, Analistas Programadores Java con Sockets para traballar na Coruña.
REQUERIMENTOS: – Analistas Programadores J2EE con polo menos 3-4 anos de experiencia, – Enxeñería Informática Superior ou Técnico, e moi boa base técnica. Como moito a falta do PFC, – Experiencia con Spring, Hibernate, SWT, DB2, Multi-threading, Sockets, concorrencia, – É importante que coñeza o franework de desenvolvemento do cliente ITX
+Info:
POSTO: BECARIO
LUGAR: A Coruña
FUNCIÓNS: Faster Ibérica, E.T.T., empresa pertencente ó Grupo Faster, con presencia en todo o territorio nacional ofrece prácticas formativas na delegación da Coruña a estudantes de últimos cursos de: SOCIOLOXIA, RELACIÓNS LABORAIS, ETC. para dar soporte en :
– Tarefas de selección: reclutamento, criba curricular, entrevistas persoais, atención telefónica, evaluación de candidatos.
– Xestión administrativa: arquivo de documentación, rexistro de datos, etc.
Horario de 09.00 a 14.00 de luns a venres.
REQUERIMENTOS: – Estudante matriculado de 3º ou 4º curso de Grao nas carreiras enriba indicadas co 50% dos créditos aprobados. (REQUISITO IMPRESCINDIBLE)
– Dispoñibilidade horaria de mañá de luns a venres.
– Non é necesaria experiencia. Formación a cargo da empresa.
– Persoas con ganas de aprender, motivadas e responsables.
+Info: