O venres 20 de decembro de as 18:00, na Casa da Cultura de Camporrapado, combinación de poesía, teatro e monicreques,
nunha proposta que quere axudar a espertar na xente máis miuda o afecto pola lingua.
“Acuario” é teatro baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente
miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica)
do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle
imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva.
Adxuntos
- Dossier_Acuario_A4_agadic (3 MB)
- Dossier_Acuario_A4_agadic (3 MB)
- Dossier_Acuario_A4_agadic (3 MB)
- Dossier_Acuario_A4_agadic (3 MB)