O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá mañá mércores, 11 de decembro, un encontro específico sobre O novo impulso da Xunta á creación de empresas, que incluirá, entre outros, un relatorio de Fernando Salinero: “Emprender en tempos revoltos”, e unha mesa redonda que contará coa participación de novos emprendedores como Laura León, Tania Castro (TC-Arquitectos) e Santi Domínguez (Mestrelab Research).
O Encontro Galicia Emprende constitúe un dos primeiros pasos no novo proceso aberto para reforzar a coordinación de todos os recursos, públicos e privados, ao servizo da creación e da consolidación de novas empresas na Comunidade autónoma; un proceso impulsado pola Xunta que se vai intensificar durante o próximo ano, no marco da futura lei de Emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
Data: 11 de decembro de 2013
Lugar: O centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.
Programa no seguinte enlace: http://xornadas.igape.es/images/stories/programa_uge_web.pdf
Inscrición no seguinte enlace: