En cumprimento do establecido no regulamento de poboación e demarcación territorial, toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no padrón de habitantes do municipio no que resida habitualmente ou a maior parte do tempo no caso de residir en varios concellos.
Nestes dous supostos e no caso de non estar inscritos, o concello de oficio declarará a alta no padrón municipal previa tramitación do correspondente expediente.
Por isto, tendo coñecemento esta alcaldía de que hai persoas que residen habitualmente no concello de Boqueixón sen estar empadroadas, concédeselles de prazo ata o 31-01-2014 para regularizar a súa situación e darse de alta, caso contrario farase de oficio polo concello.
Os impresos de solicitude para darse de alta pódense descargar nesta web , ou ben recollelos nas oficinas municipais de luns a venres de 9 a 14,30 ou os sábados de 10 a 13 horas, agás festivos.
O citados impresos deberán vir cubertos en todos os seos apartados con letra moi lexible e debidamente asinados, no caso dos menores asinarán tanto a nai coma o pai ( de haber sentencia firme de separación asinará so o que teña a concedida a custodia), debéndose de achegar a solicitude a seguinte documentación segundo o caso:
-Fotocopia do D.N.I.
-Para os menores que no teñan D.N.I. fotocopia da folla onde figuren do libro de familia
-Para os que non teñan a nacionalidade española Pasaporte ou Tarxeta de Residencia.
Esta documentación pódena presente nas oficinas do concello os días e horarios xa sinalados ou nos seguintes correos electrónicos concello@lab.mcapps.es ou correo@boqueixon.es.
Sinalar finalmente que o alcalde que subscribe espera que todos os nosos veciños que estean no casos sinalados anteriormente, non dubiden en darse de alta dentro do prazo indicado, pola gran cantidade se servizos que ofrece o concello: gardería, actividades deportivas, culturais, piscina, viaxes, intercambios, voluntariado,etc., etc. Ademais canta maior poboación mais participación do concello nos ingresos do Estado, Xunta, Deputación, etc., o que redundará en beneficio para todos.
Modelo alta padrón[attachments docid=”3645″]
Bando[attachments docid=”3643″]
Adxuntos
- Modelo alta padrón (320 kB)
- Modelo alta padrón (14 kB)
- Modelo alta padrón (14 kB)
- Bando (246 kB)
- Bando (246 kB)
- Bando (246 kB)
- Modelo alta padrón (320 kB)
- Modelo alta padrón (320 kB)
- Modelo alta padrón (320 kB)
- Modelo alta padrón (14 kB)
- Bando (246 kB)
- Modelo alta padrón (14 kB)