+ responsable – riscos
Neste mes de novembro de 2013, mes dedicado especialmente a loita contra a violencia de xénero, o Concello de Boqueixón, coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade, levará a cabo no Centro Educativo “Antonio Orza Couto” do Forte – Boqueixón o “Obradoiro de prevención da violencia a través das novas tecnoloxías”.
Esta actividade realizarase co alumnado da ESO do citado centro escolar.
O obxectivo xeral e educar á mocidade na adquisición de hábitos e condutas responsables e conscientes para a participación satisfactoria e aproveitamento axeitado das oportunidades das TIC, fortalecendo a autoestima, a asertividade, a igualdade, a tolerancia, a responsabilidade e a seguridade nun clima de respecto á diversidade e ás liberdades, todo elo dende unha perspectiva de xénero.