ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN IGAPE-EOI 2013-2014
Ábrese o prazo para a presentación por Rexistro de solicitudes nos cursos de formación IGAPE-EOI 2013 – 2014. O prazo de solicitude remata o día 08 de novembro de 2013.
Para a solicitude dos cursos, todos os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo a través da aplicación establecida no enderezo da internet:
Os interesados presentarán a súa instancia de solicitude e a documentación obrigatoria, en orixinal e copia ou copia cotexada, preferentemente no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape ou nas súas oficinas territoriais; ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo da internet ou do número de teléfono 902 300 903.
Máis información: