Esta II Ruta de Tapas de Boqueixón supón unha acción de promoción económica, de desenvolvemento local, trátase de dar a coñecer e potenciar os establecementos hosteleiros e a gastronomía da zona.
Participan 11 locais de Boqueixón no proxecto: Taberna O´Cruceiro, Bar A Barreira, Café bar “O Nervioso”, Café Bar O Latino, Café Bar O Rincón de Pepe, Café Bar “Vente Vindo”, Parrillada O Breixo, Café Bar Záramo, Café Bar A Casa d´Lenin, Café Bar Casa Castro e a Taberna O Portugués.
Esta ruta de exaltación da gastronomía celebrarase durante os días: 8, 9, 10, 15, 16 e 17 de novembro e en horario de mañán e tarde: das 12:00h- 15:00h. e das 20:00h. ás 22:30h.
Os locais elaborarán tapas exquisitas e moi variadas a un prezo de 1,5 euros, sempre con produtos da terra, por exemplo: “Segredo ibérico”, “Chourizos ó viño”, “Teclas do Latino tocadas por Bo-Queixo”, “Tosta de pan artesán con carrilleira de tenreira e veo de queixo afumado”, “Pementos de piquillo recheos”, “Setas ó Cruceiro”, “Polo preñado”, “Raxo flambeado”, “Octopus Lenin”, “Roliños de polvo con cogumelos”, “Espeto de boi e champiñóns”, “Careto do porco do Relojero”.
Celebrarase tamén un Concurso á mellor tapa de Boqueixón 2013, coa finalidade de que o concurso e o proceso sexa o máis obxectivo posible, o xurado será popular, deste xeito, cando un participante deguste todas as tapas cubrindo a súa tarxeta con todos os selos dos establecementos, debe indicar na mesma tarxeta cal considera que é a mellor tapa da ruta. A Continuación, cos datos persoais cubertos introdúcese nas urnas dispostas nos establecementos hosteleiros. Ó remate das 6 xornadas gastronómicas, o establecemento gañador obterá o recoñecemento á “Mellor Tapa de Boqueixón 2013”, contemplándose tamén o segundo e terceiro máis votado como 2º e 3º clasificado.
De entre todas as tarxetas dos participantes recollidas das urnas, sortearase unha noite con cea para dúas persoas nunha casa rural. Estas tarxetas pódense descargar da páxina web do concello e tamén se poderán recoller nos establecementos incluídos na ruta.
Esperando que este proxecto sexa do agrado de todos, que toda veciñanza e visitantes de outros concellos se animen a visitar os establecementos de Boqueixón, participar na Ruta de Tapas e desfrutar de cada unha de elas. Quedades todos convidados a percorrer Boqueixón de tapas.
II Ruta de Tapas – Tarxetón[attachments docid=”3552″]
Adxuntos
- II Ruta de Tapas - Tarxetón (548 kB)
- II Ruta de Tapas - Tarxetón (548 kB)
- II Ruta de Tapas - Tarxetón (548 kB)
- II Ruta de Tapas - Tarxetón (548 kB)
- II Ruta de Tapas - Tarxetón (548 kB)
- II Ruta de Tapas - Tarxetón (548 kB)
- II Ruta de Tapas - Tarxetón (548 kB)
- II Ruta de Tapas - Tarxetón (548 kB)