Froito da colaboración entre IGAPE e EOI (Fundación Escola de Organización Industrial) cofinanciada polo Fondo Social Europeo, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, vaise desenvolver nos próximos meses un amplio programa formativo e de asistencia técnica cos obxectivos de:
· Crear oportunidades de intercambio no ámbito internacional, fomentar a emerxencia de novos empresarios que aposten pola internacionalización dos seus negocios, dar valor internacional aos mesmos, crear valor para a economía de empresa e promover, así, o seu proceso de internacionalización.
· Estimular a creación de novas empresas no ámbito da internacionalización, o afianzamento daquelas de recente creación que necesiten reformular a súa xestión, mediante a formación empresarial.
· Formar a emprendedores en ferramentas e técnicas de creación e xestión de empresas para que desenvolvan e convertan o seu proxecto nunha empresa real.
A presentación dos novos programas farase nun acto que se desenvolverá, o próximo mércores 23 de outubro, no salón de actos do Centro Sociocultural Novacaixagalicia en A Coruña, Cantón Grande 21-24, de 9,30 a 13 horas. Acto no que tamén se avaliarán os resultados dos programas 2012-2013.
Aforo limitado.
Información adicional dos programas en:
· Internacionalización:
· Emprendedores: .
Inscrición: