O Igape, a Universidade de Santiago de Compostela e Uninova, organizan un Info Day coa finalidade de dar a coñecer aos empresarios galegos o Programa Erasmus for Young Entrepreneurs da Comisión Europea, aproveitando a ocasión para informar sobre os apoios que actualmente ofrece o Igape no eido do Emprendemento. O evento terá lugar o próximo 11 de outubro, no Salón de actos do Edificio Cersia, en Santiago.
O Programa Erasmus for Young Entrepreneurs permite que empresarios de Pequenas e Medianas Empresas poidan acoller a un novo emprendedor doutro país da Unión Europea por un período de entre 1 e 6 meses de forma totalmente gratuíta.
Para poder participar simplemente hai que rexistrarse na páxina web do Programa.
http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/
Inscrición gratuita enviando un correo electrónico indicando o nome do participante, o seu cargo e a entidade á que pertence a:
rosamaria.sanchez@usc.es
+ info: