ORDE do 24 de setembro de 2013 pola que se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para estudos universitarios conducentes á obtención do título oficial de máster universitario, destinadas a titulados universitarios en situación laboral de desemprego, para o curso 2013/14, e se establecen as bases reguladoras da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG. núm. 190, do 4 de outubro de 2013),
Obxecto da convocatoria: convocar axudas para financiar os gastos derivados da matrícula dun máster universitario oficial, ofertado polas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, no curso 2013/14.
Contía da axuda: A contía da axuda consistirá no pagamento do importe total da matrícula do máster universitario que realice o beneficiario no curso 2013/14.
Solicitantes: Titulados que se atopen en situación laboral de desemprego e estean inscritos como demandantes de emprego, matriculados/as no curso 2013/14 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo en estudos universitarios conducentes á obtención dun título oficial de máster universitario dos relacionados no anexo II.
Requisitos:
a) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia os tres últimos anos anteriores á convocatoria.
b) Atoparse en situación laboral de desemprego e estar inscrito como demandante de emprego nos tres anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria.
c) Estar en posesión do título universitario de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, ou grao, e teren rematados estes estudos con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2010.
d) Estar matriculado, no curso académico 2013/14, nun máster universitario dos relacionados no anexo II desta orde.
Forma de presentación: As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED421A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.es ou por calquera outro medio válido en dereito. Para dúbidas neste apartado contactar: 012 ou 012@xunta.es. Para consultas sobre dúbidas da convocatoria: orientación.sug@edu.xunta.es
Prazo de Presentación: un mes a partir do día seguinte ó da publicación da Orde no DOG.
Documentación: A solicitude (anexo I, modelo normalizado ED421A) presentarase xunto coa seguinte
documentación:
a) Copia simple do título universitario que lle dá acceso ao máster ou documento que legalmente o substitúa.
b) Informe emitido polo Servizo Público de Emprego dos períodos de inscrición como demandante de emprego.
c) Certificado da vida laboral.
d) Documento acreditativo da matrícula nun máster universitario dos relacionados no anexo II a esta orde, no cal deberá figurar o importe desta e o número de materias e créditos en que está matriculado.
+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131004/AnuncioG0164-260913-0003_gl.pdf