O Concello de Boqueixón estase sumando ás inicitaivas postas en marcha a favor de José Manuel de Vedra, un neno de 8 anos con parálisis cerebral. Jose Manuel foi diagnósticado de disparesia espástica cando tiña dous anos, enfermidade que lle impide entre outras cousas poder camiñar. A solución definitiva pasa por unha operación nunha clínica privada de Barcelona, que conta cun especialista neste campo, e unha longa tempada de rehabilitación que lle permita desfacerse da súa cadeira de rodas e poder camiñar.
A entrega de tapóns pódese realizar na Casa do Concello, Protección Civil , CRA Boqueixón-Vedra, Papelería Lino (Lestedo), Casa Lenin (Sergude) e Panadería Loureda (Loureda)
Máis información no blogue: http://todosconjm.wordpress.com