Froito da colaboración entre IGAPE e EOI (Fundación Escola de Organización Industrial) cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, vaise desenvolver nos próximos meses un amplo programa formativo cos obxectivos de:
· Crear oportunidades de intercambios no ámbito internacional, fomentar a emerxencia de novos empresarios/ás que aposten pola internacionalización dos seus negocios, dar valor internacional aos mesmos, crear valor para a economía de empresa e promover, así, o seu proceso de internacionalización.
· Estimular a creación de novas empresas no ámbito da internacionalización, o afianzamento daquelas de recente creación que necesiten reformular a súa xestión, mediante a formación empresarial.
· Formar a emprendedores/ás en ferramentas e técnicas de creación e xestión de empresas para que desenvolvan e convertan o seu proxecto nunha empresa real.
O programa inclúe a celebración dos seguintes tipos de cursos:
· Xestión internacional da empresa
· Licitacións internacionais e organismos multilaterais
· Emprendex (emprende a túa empresa internacional ou auxiliar de internacionalización)
· Creación de empresas
Todos os cursos, completamente gratuitos para os alumnos, serán impartidos en formato mixto que combina formación presencial, formación on-line e titorias e asesoramento persoal na elaboración dun plan estratéxico.
Se está interesado pode preinscribirse a efectos de recibir máis información en www.xornadas.igape.es
O prazo de preinscrición remata o próximo 23 de setembro.