O Concello de Boqueixón inicia unha “Campaña de compostaxe doméstico”, en colaboración con SOGAMA. Por este motivo poñemos en coñecemento de todos os veciños/as deste concello interesados en participar nesta campaña , que se abre a inscrición para esta convocatoria dende o 16 de setembro ata o 30 de setembro de 2013.
As persoas interesadas en participar deberán cumprir os seguintes requisitos:Estar censado neste concello e ter a súa primeira vivenda neste municipio.
- Disponer de horta ou xardín cunha superficie de entre 50 e 500m2 na propia vivenda.
- Un único participante por domicilio.
- Compromiso de asistenza á sesión formativa.
O incumprimento destas condicións pode supoñer a baixa na campaña.
Se o número de persoas seleccionadas sobrepasa ao de compostadores dispoñibles, o concello realizará un sorteo para decidir os participantes nesta campaña.
As persoas interesadas deberán inscribirse no Rexistro do Concello de Boqueixón en horario de 9:00 a 14:30h.
Solicitude compostaxe doméstico[attachments]
Adxuntos
- Solicitude compostaxe doméstico (113 kB)
- Solicitude compostaxe doméstico (113 kB)
- Solicitude compostaxe doméstico (113 kB)
- Solicitude compostaxe doméstico (113 kB)