Entre o día 2 e o 9 de setembro ábrese un prazo extraordinario para cubrir as vacantes das accións formativas a desenvolver no concello de Boqueixón, na Casa de Cultura de Camporrapado:
Obradoiros de empregabilidade → 16 ó 24 de setembro de 2013.
Habilidades sociais e comunicativas → 25 ó 27 de setembro de 2013.
Responsabilidade Social → 30 de setembro ó 2 de outubro de 2013.
Igualdade → 3 de outubro de 2013.
Medio ambiente na agricultura → 7 ó 11 de outubro de 2013.
Este novo alumnado tamén podería optar á formación específica a desenvolver nesa zona de acordo ós requisitos establecidos para a participación:
Montaxe e mantemento de instalación eléctricas de baixa tensión.
Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrónicas e de telecomunicacións en edificios.
Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas.
Montaxe e mantemento de redes eléctricas de alta tensión de segunda e terceira categoría e centros de transformación.
Montaxe e mantemento de instalación solares fotovoltaicas.
Os interesados deberán chamar ó 981513061 ou achegarse ás dependencias municipais (Departamento de Frmación e Emprego) en horario de 9:00 a 14:30 horas de luns a venres.