Resolución do 30 de julio de 2013, de la Subsecretaría, por la que se convoca, por tramitación anticipada, la concesión de beca Fulbright para el curso 2014/2015. Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (BOE núm. 187, martes 6 de agosto de 2013)
Convócase en réxime de concurrencia competitiva e en colaboración coa Comisión de Intercambio Cultural, Educativo, y Científico entre España e os Estados Unidos de América, unha beca de formación ou de investigación para o curso 2014/15 cunha duración de 12 meses que en ningún caso superará a data do 31 de decembro de 2015.
Prazo de presentación da solicitude: ata o 14 de outubro de 2013.
Dotación da beca convocada:
Asignacións básicas:
a) Asignación mensual bruta de 2.300 €.
b) Axuda de viaxe de ida e volta de 2.000 €.
c) Importe da matrícula, tasas e seguro médico ata un máximo de 26.000 euros, ou alternativamente axuda para gastos derivados do proxecto de investigación ata un máximo de 5.000 euros.
d) Os gastos de matrícula, aloxamento, manutención e os básicos pola realización do curso de orientación académica previo a beca se o organismo considera oportuno a realización do mesmo previo estudo do expediente académico.
e) Suscrición por parte do goberno estadounidense dun seguro de enfermidade e accidentes cunha cobertura de 100.000 dólares.
f) Asignación de 2.500 euros para compra de libros e gastos de 1ª instalación.
Asignacións complementarias:
a) Os beneficios recibirán durante todo o período da beca 150 beca euros ó mes por un familiar acompañante que teñan legalmente ó seu cargo.
b) Asemesmo, o familiar percibirá unha axuda de 50 euros ó mes para o seguro médico
c) Unha asignación fixa de 600 euros por un familiar que acompañe ó becario, en concepto de axuda para o viaxe de ida e volta.
Solicitudes e forma de acreditación:
As solicitudes deberán ser cumprimentadas e enviadas de forma electrónica a través da páxina web http://www.fulbright.es. Ademais, haberá que remitir por correo unha copia en formato papel asinada.
As solicitudes incompletas serán desestimadas.
A documentación a presentar na solicitude queda establecido na base sexta.
CONSULTAS:
Para consulta electrónica: http: //www.filbright.es/ver/formulario-información.
Chamadas telefónicas: luns a mércores, de 10 a 14 horas no 91 319 1126.
Enlace:http://www.boe.es/boe/dias/2013/08/06/pdfs/BOE-A-2013-8684.pdf