Resolución de 15 de xullo de 2013, da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, pola que se convocan axudas para participar na Aula de Verán «Ortega y Gasset» de 2013.
Obxecto: 100 axudas para participar na Aula de Verán «Ortega y Gasset» (en adiante, a Aula), organizada en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Beneficiarios: alumnos/as que teñan concluido seus estudos de bacharelato ou ciclo formativo de grao superior de formación profesional en 2013 e ten como finalidade introducir ós estudos universitarios. Tense previsto diversas actividades académicas dirixidas por profesores universitarios, investigadores e personalidades da cultura e da arte. As sesións desenvolveranse de acordo cun programa estructurado para cada día lectivo, que incluirá actividades e propostas culturais fora do horario académico.
Lugar e data de celebración: A Aula organizarase na sede de Santander da UIMP do 17 ó 23 de agosto de 2013.
Requisitos: poderán solicitar as axudas obxecto desta convocatoria os estudantes que:
a) teñan rematado o último curso do bacharelato ou do ciclo formativo de grao superior de formación profesional no ano 2013;
b) acrediten unha nota media igual ou superior a 9,60 puntos sobre 10 nos dous cursos do bacharelato ou do correspondente ciclo formativo de grao superior de formación profesional.
Contidos das axudas: Ós estudantes seleccionados a UIMP lles cubrirán os seguintes gastos:
a) Aloxamento e manutención, en réxime de pensión completa durante as datas de celebración da Aula.
b) Desprazamento dos asistentes dende o seu punto de orixe ata Santander e regreso, cun máximo de 200 euros para os desprazamentos dentro da península e de 250 euros para os alumnos procedentes das Comunidades Autónomas das Illes Balears e de Canarias e das Cidades de Ceuta e Melilla. O pago dos gastos de desprazamento realizarase mediante transferencia bancaria.
c) Traslados, entradas a monumentos, etc., derivados das actividades culturais previstas no programa.
Prazo de solicitude: será de 10 naturais a partir de súa publicación no BOE
Formalización da solicitude: as solicitudes presentaranse mediante o modelo normalizado, no Rexistro da Universidade (Isaac Peral, 23, 28040 Madrid, e Palacio da Magdalena, 39005 Santander) ou por vía telemática a través da web da UIMP. Á instancia asinada terá que acompañarse de:
a) Certificado académico emitido polo centro no que teña realizado seus estudos de bacharelato ou ciclo formativo de grao superior de formación profesional, da nota media final con dous decimais e evitar seu redondeo (Non se computará a asignatura de Relixión).
b) Fotocopia do DNI.
c) Autorización dos pais ou titores do alumnado que sexa menor de idade.
+INFO: http://www.boe.es/boe/dias/2013/07/17/pdfs/BOE-A-2013-7857.pdf