ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN214A) da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA (DOG. 118 do 21 de xuño de 2013).
Obxecto: concesión de subvencións ó comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico.
Solicitude e prazos: as solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.
Actuacións subvencionables:
Considéranse actuacións subvencionables, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación:
1. Ordenadores de sobremesa para uso comercial. Contía máxima subvencionable 600 €
2. Paquetes de software de xestión:
• Módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico. Contía máxima subvencionable: 1000 €
• Complemento do módulo de xestión: soporte técnico e a implantación in situ. Contía máxima subvencionable: 400 €
3. Páxinas web comerciais cos seguintes elementos mínimos (Contía máxima subvencionable: 1000 €):
• Portada ou páxina de inicio.
• Formulario de contacto.
• Sistema de catálogo en liña ou páxinas de produtos ou servizos facilmente actualizables desde o xestor, incluíndo o servizo de maquetación das dúas primeiras páxinas como mínimo.
• Formación para actualización das páxinas polo xestor.
• Como mínimo un complemento preinstalado tipo blog, foro, xestor de noticias, xestor de enquisas ou similar.
• Epígrafe de situación cos datos de contacto da empresa.
• Rexistro nome de dominio.
• Outras características: a tecnoloxía da páxina debe ser facilmente accesible e indexable polos motores de busca.
4. Periféricos e outros componentes:
• Lectores de código de barras. Contía máxima subvencionable: 200 €
• Caixóns portamoedas. Contía máxima subvencionable: 60 €
• Impresoras de tickets. Contía máxima subvencionable: 230 €
5. TPV integrados. Contía máxima subvencionable: 2000 €
Beneficiarios: os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas (Artigo 3)
Prazo de xustificación da subvención: 31 de outubro de 2013
+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130621/AnuncioCA04-120613-0002_gl.pdf