RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2013 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) da Vicepresidencia e consellería de presidencia, administración públicas e xustiza (DOG. núm. 118 do 21 de xuño de 2013)
Obxecto: convocar para o ano 2013 as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, a través das seguintes liñas:
a) Liña Emprende.
b) Liña Innova
c) Liña Activa
d) Liña Concilia
Beneficiarias: Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas formadas por mulleres emprendedoras, con domicilio social e establecemento de produción en Galicia. A actividade mercantil será realizada por empresarias autónomas ou sociedades, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, con categoría de microempresas ou pequenas empresas. Con carácter específico quedan excluídas do ámbito desta resolución as empresas públicas ou participadas e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
Prazo e presentación de solicitudes:
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía ou por calquera outro medio válido en dereito.
3. Anexo II, anexo III, anexo IV, NIF da empresa, informe de vida laboral, certificado da Axencia Tributaria da alta censual e códigos da actividade económica, plan de empresa, libro de familia das promotoras nais de menores de tres anos, acordo de conciliación, compromiso de teletraballo, documentación acreditativa das situación específicas de especial protección obxecto de valoración.
Lugar e prazos de presentación da xustificación: Para a xustificación das axudas concedidas, as entidades presentarán, con data límite do 30 de novembro de 2013 e nos lugares indicados no artigo 4 desta convocatoria, a documentación que sinala a base 14ª das bases reguladoras.
+ INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130621/AnuncioG0244-190613-0010_gl.pdf
Podedes contactar no teléfono 981513061 do Concello de Boqueixón.