O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as Bases reguladoras das axudas do Igape á reorientación e á competitividade das pemes galegas, xunto coa correspondente convocatoria 2013 das seguintes liñas:
– Proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 € (procedemento IG103)
– Proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 € (procedemento IG174)
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 17 de xullo 2013
O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro do 2014.
Resolución DOG no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130617/AnuncioO92-070613-0001_gl.pdf