SEMINARIO: ESTÁS PREPARADO PARA CHINA?
Lugar: Sala MUPEGA, Museo Pedagóxico de Galicia, San Lázaro, Santiago de Compostela.
Data: 20 de xuño de 09:45 a 14:00
O xoves 20 de xuño o experto do centro de EU-SME en Pekín, Jon Echanove, dará unha ponencia sobre China como mercado de interese para as pemes galegas. A través desta sesión as empresas galegas poderán ter a oportunidade de coñecer en maior medida as oportunidades que existen para as PEMES en China, e os servizos de apoio dispoñibles para as empresas que desexen facer negocios en China.
Tamén haberá unha mesa redonda con 3 experiencias galegas en China: Bricoking, Blusens e Aceites Abril e un posterior debate e intercambio de opinions.
O EU SME Center é un proxecto financiado pola UE e apoiado por un consorcio das cámaras de comercio, incluíndo the China-Britain Business Council e as cámaras alemana, francesa, italiana, española e do Benelux en China, a Cámara de Comercio Europea en China e Eurochambres en Bruselas.
Esta xornada enmárcase dentro das actividades de difusión e promoción da rede Enterprise Europe Network, levadas a cabo no marco do proxecto Galactea Plus, cuxa finalidade é promover acordos de cooperación e facilitar o acceso das pemes ao mercado internacional. China é socio desta rede e conta con 27 puntos de contacto repartidos en 15 cidades entre elas Shanghai, Xiam, Chengdu, Tianjin, etc.
Nota:
Ademais de asistir ao seminario poderase reservar unha reunión individual de 15 minutos co relator.
No caso de que as prazas para as citadas reunións se esgoten, poderá facer a súa consulta a través dun formulario que se entregará o mesmo día da xornada ou na rolda de preguntas.
Programa:
Prazas limitadas
Inscrición gratuita:
Máis información: 902 300 903