PROGRAMA RedeXiana2 da Deputación da Coruña.
Ampliación prazos
Rematado o proceso interno de captación de alumnado xa inscrito para cubrir as vacantes nas accións formativas comunícase que aínda hai accións nas que quedan prazas vacantes.
Por isto, ábrese un prazo extraordinario para a captación e selección de alumnado para:
Obradoiros de emprego: Esta actividade permitirá ás persoas beneficiarias concibir e materializar con efectividade o seu propio “proxecto de empleo”.
Mellorar os niveis de empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego, utilizando como base o autodiagnóstico individual e o entreno en habilidades para a mellora do seu perfil persoal e profesional.
Habilidades Sociais e Comunicativas: Dotar ás persoas participantes de ferramentas e estratexias que lles permitan adquirir novas competencias a través do entreno en habilidades para a comunicación e a relación, asunción do conflicto e o liderado, conseguindo os niveles axeitados de motivación, comunicación e negociación necesarias na busca de emprego
Alfabetización Informatica: Realizar operacións básicas de lectura e escritura informática, utilizando os servicios, procedementos e protocolos propios dunha rede Intranet/Internet: world wide web, correo electrónico, foros de discusión e charlas, así como os que permiten a edición de documentos
Responsabilidade Social: Incidir nas capacidades, actitudes, aptitudes, experiencias, procedementos e coñecementos necesarios para colocar ás persoas en situación socio-laboral favorable, incluíndo as dimensións relacionais y socio-políticas: acceso aos recursos públicos, tramitación administrativa de doumentación persoal, tramitación on line,…
Busca de emprego e novas tecnoloxías: proporcionar coñecemento práctico de ferramentas e servicios dispoñibles en Internet, que poidan ser de axuda no proceso de busca de emprego e no seu futuro entorno profesional, profundizar no uso desas ferramentas e técnicas para a busca, recepción e xestión de información, introducción a las redes sociais…
Igualdade: facilitación de información e formación relacionada coa introducción de valores, competencias e destrezas específicas que promovan o respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres en todas e cada unha das accións e responsabilidades a desempeñar nos diferentes postos de traballo.
Prazo de solicitudes: ata o 19 de xuño de 2013.
Os/as interesados/as deberán chamar ó teléfono 981513061 da área de formación e emprego do Concello de Boqueixón