ORDE do 6 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 da CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR.
OBXECTO: fixar as bases reguladoras dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
ÁMBITO TEMPORAL DA APLICACIÓN E CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES:
Será subvencionable as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro ata o 30 de setembro de 2013. Poderá realizarse a tempo completo ou a tempo parcial incluída a modalidade de fixo descontinuo.
CONTÍA DOS INCENTIVOS:
1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:
– Primeira persoa traballadora indefinida:
a)4.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 5.000 € cando se trate dun mozo desempregado de 30 ou menos anos ou dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 6.000 € cando se trate dunha moza desempregada de 30 ou menos anos ou dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.
– Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:
a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 6.000 € cando se trate dun mozo desempregado de 30 ou menos anos ou dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 7.000 € cando se trata dunha moza desempregada de 30 ou menos anos ou dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.
2. Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.
PRAZO: rematará o 30 de setembro de 2013. As solicitudes de axudas pola contratación subvencionables entre o 1 de outubro de 2012 e a data da publicación desta Orde poderán presentase no prazo dun mes contado desde a data da publicación da Orde.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: a documentación presentarase na sede electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.
+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130612/AnuncioCA05-070613-0001_gl.pdf