BOLSAS PARA ESTUDANTES UNIVERSITARIOS QUE PARTICIPEN EN PROGRAMAS DE MOBILIDADE CON PAÍSES EXTRACOMUNITARIOS NO CURSO 2013/14
ORDE do 10 de maio de 2013 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2013/14 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG. núm. 96 do 22 de maio de 2013).
Obxecto: Convócanse 98 bolsas destinadas ao alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema universitario de Galicia ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe en programas de intercambio relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus.
Dotación das bolsas: 1.000 euros por alumno/a beneficiario/a para financiar os gastos ocacionados pola mobilidade.
Duración das bolsas: curso 2013/2014.
Requisitos dos/as solicitantes:
a) Estar matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nunha universidade pertencente ao SUG ou centro asociado da UNED en Galicia.
b) Ter cursado os últimos tres anos académicos nalgún centro ou universidade da Comunidade Autónoma.
c) Os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a condición de residentes, e non poderán realizar o intercambio con universidades do seu país de orixe.
d) Realizar o programa de mobilidade a través da universidade ou centro asociado da UNED en Galicia.
Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será como mínimo de un mes e rematará o 29 de xuño de 2013, incluído.
Documentación a presentar:
– Anexo I e Anexo II
– Copia dixitalizada da certificación académica completa emitida pola universidade nun período non anterior ós 4 meses á publicación da presente convocatoria, en que faga constar a nota media do expediente académico. Os alumnos que cursen estudos de 2º ciclo por accederen desde unha titulación de 1º ciclo deberán enviar unha copia dixitalizada da certificación académica relativa ó 1º ciclo realizado. O mesmo farán o alumnado que cursen estudos oficiais de grao por accederen desde unha titulación de 1º ou 1º e 2º ciclo, co recoñecemento das materias cursadas.
– Copia dixitalizada do certificado do órgano competente da súa universidade conforme ó alumno está admitido nun programa de intercambio indicando centro, país, período temporal de estadía.
A documentación poderá presentarse na sede electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.
+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130522/AnuncioG0164-140513-0002_gl.pdf