Resolución do 8 de maio de 2013, publicada no DOGA nº 104 do 3 de xuño de 2013, convócanse subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.
PODERÁN SER BENEFICIARIOS/AS:
Estar en posesión da cédula de rehabilitación de calidade e outros, non superar os ingresos establecidos.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
Fotocopia compulsada do DNI ou NIF da persoa solicitante.
Resolución de concesión da cédula de rehabilitación de calidade.
Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas, para as actuacións obxecto da presente solicitude, das administracións públicas e doutros entes públicos.
Certificado da titularidade da conta bancaria.
PRAZO PARA SOLICITAR: Ata o 4 de xullo do 2013.
SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN: Poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello ou ben chamar ó teléfono 981.513.106