Na soleada mañá do pasado sábado 25 de maio, realizouse no Concello de Boqueixón un roteiro alternativo de subida ó Pico Sacro encadrado dentro do Programa de sendeirismo “Goza do Ulla”.
Sobre as 10:30h. da mañá sairon unhas 35 persoas participantes dispostas a percorrer en 3 horas os 9 km de subida e baixada do mítico pico galego.
O roteiro de subida a este monte sagrado permitíulles desfrutar das paisaxes de maior beleza natural que conforman este monte sagrado e dunhas espectaculares paronámicas, ademáis doutros puntos de interese cultural que foron atopando no camino como son os restos da igrexa e do cemiterio de Rubial, cruceiro de Rubial,.. e xa no Pico Sacro, coñeceron a Capela de San Sebastián, Rúa da Raíña Lupa, a súa lenda e as covas dos mouros.
O Programa “Goza do Ulla” prosigue o seu calendario de roteiros por todos os concellos bañandos polo Ulla ata o 26 de outubro, esperando que todos os sendeiristas se animen a percorrer as paraxes naturais mais fermosas .
- Categoría (s): Boqueixon
- Publicada o
Programa Goza do Ulla – Ruta subida Pico Sacro
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir