OBXECTO DA CONVOCATORIA:
O obxecto da presente convocatoria e a concesión de dezaoito bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concurrencia competitiva, destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2013-2014, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas:
Área de ciencias sociais e xurídicas: 3 bolsas.
Área de ciencias: 4 bolsas.
Área de ciencias da saúde: 4 bolsas.
Área de enxeñeria e arquitectura: 2 bolsas.
Área de artes e humanidades: 5 bolsas.
DOTACIÓN ORZAMENTARIA: A dotación das bolsas é de 7.625 cada unha.
SOLICITANTES: ter residencia residente na provincia da Coruña cunha antigüidade mínima dun ano e reúnan todos os requisitos que de seguido se relacionan:
Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grado o equivalente)
Non ser titular, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa, de ningunha outra bolsa de investigación
– Os titulares de bolsa en anteriores convocatorias, non están excluídos de participar nesta, sempre que cumplan todos os requisitos.
DOCUMENTACIÓN:
Fotocopia do documento nacional de identidade.
Certificado de empadroamento cos requisitos establecidos na base 3.2.
Área das bolsas á que opta, con indicación do proxecto de investigación que vai realizar e o centro no que será levado a cabo. Non se poderá optar a mais dunha área por solicitude.
No caso de que o traballo esté avaliado por un profesor universitario ou por unha persoa de recoñecido prestixio no campo no que se vai desenvolver a investigación, unha certificación que acredite o dito aval.
Certificación académica completa na que figure expresamente:
a) A nota media simple do expediente académico.
b) A data de finalización dos estudos.
Currículo do solicitante xunto coa documentación que considere representativa da sua formación. Se o traballo se vai realizar coa colaboración dun equipo indicarase os estudos e actividades profesionais dos seus integrantes.
Escrito autorizando á Deputación para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Tributaria e a Seguridade Social con anterioridade aos pagos.
A documentación poderase presentar en copias simples, tendo en conta que os que resulten titulares das bolsas, terán que realizar no seu momento as compulsas correspondentes.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DESISTIMENTO: A documentación presentarase no Rexistro Xeral da Deputación ata o 20 de maio de 2013.
+INFO: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/04/11/2013_0000004378.html