ORDE do 23 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e se procede a súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN225A) da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA.
Obxecto:
Contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito.
Prazo de presentación de solicitude Un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta Orde no DOG.
Duración da formación O programa formativo desenvolverase ó longo de 2013 cunha duración máxina de 9 meses, ata o 30 de decembro de 2013.
Persoas beneficiarias:
– Ser español/a ou nacional dalgún Estado membro da Unión Europea.
– Estar domiciliado na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ter título universitario de segundo ciclo ou grao superior posterior ó ano 2005.
– Non disfrutar doutra bolsa de formación da Dirección Xeral de Comercio.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa.
Contía económica :
Cada bolsa estará dotada de 6.300 euros brutos.
Centro de destino e xornada laboral :
Dependencias da dirección Xeral de Comercio ou dos departamentos territoriais da Consellería de economía e Industria, en xornada de mañá.
Solicitudes (artigo 7):
– Modelo de solicitude (Anexo II)
– DNI do solicitante e certificado de empradoamento.
– Documento acreditativo do nivel de coñecemento de idioma galego.
– Titulación académica.
– Certificación académica persoal de carácter oficial.
– Curriculum vitae da persoa solicitante: curso, experiencia laboral, e outros méritos.
– Declaración expresa sobre a concesión ou solicitude doutras bolsas (anexo III).
– Declaración responsable de non estar incurso (anexo IV).
– Declaración responsable de non ter emprego remunerado nin ter outra bolsa (anexo IV).
+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130508/AnuncioCA04-300413-0002_gl.pdf