ORDE do 25 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que rexen as axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España, e se procede á súa convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar (DOG. núm. 82 do 29 de abril de 2013).
Obxecto: Regular a concesión de axudas para mozos e mozas galegos para estadías de prácticas formativas non remuneradas que se realizarán en empresas de calquera Estado membro da Unión Europea, agás España. As estadías para as prácticas laborais desenvolveranse preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.
As estadías desenvolveranse entre o 1 de xuño ao 15 de novembro de 2013 como máximo 8 semanas de duración, establécese un mínimo de 25 horas formativas semanas.
As estadías teñen como finalidade apoiar as persoas participantes en actividades de formación para adquirir os coñecementos, as competencias e as cualificacións que complementen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento e a súa transferencia entre os países participantes ao mesmo tempo que perfeccionan as habilidades lingüísticas no idioma estranxeiro.
Contía das axudas: 2.400 por participante polo período de 8 semanas.
Destinatarios:
1 Ser galego e estar empadroado nalgún concello de Galicia.
2 Ter entre 18 e 30 anos.
3 Estar en posesión de título de formación profesional ou universitario, ou solicitado no momento de presentar a solicitude, e que se obtivese nos 5 anos anteriores á data desta convocatoria.
4 Posuir coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel para desenvolver unha práctica laboral: inglés, italiano, francés ou alemán.
Prazo de solicitude: será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde.
Documentación a presentar:
a) Curriculum vitae modelo europeo.
b) Fotocopia do Dni cando non se autorice a Consellería a consulta dos seus datos.
c) Fotocopia do título académico.
d) Copia da tarxeta sanitaria europea.
e) Certificado de empadroamento cando o solicitante non autorice á Consellería de Traballo e Benestar.
f) Declaración de non estar incurso nas prohibicións.
g) No caso de estar en situación de desemprego, certificado do Inem como demandante de emprego.
h) Fotocopia do título oficial de idiomas equivalente ao marco europeo de referencia (mínimo A1)
i) Declaración xurada de estar ó día nas obrigas tributarias fronte a Seguridade social e non ter pendente débedas coa administración pública da Comunidade Autónoma.
As persoas solicitantes que non acrediten nivel de idiomas A1 deberán realizar unha proba escrita de nivel de idioma, e ademais realizarán un test de motivación e unha entrevista persoal de intercambio de información e confirmación de itinerario profesional.
+ INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130429/AnuncioCA05-240413-0001_gl.pdf