ORDE do 23 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2013 da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Obxecto: convócase para o exercicio 2013 as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais.
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes contado dende a publicación desta orde no DOG.
Prazo de xustificación: finalizará o 15 de setembro de 2013 e o 31 de maio de 2014 segundo a anualidade correspondente.
Importe das axudas: A axuda máxima por solicitante limitarase a 100.000 euros.
Os investimentos en bens de equipamento Terán unha subvención do 30% podendo incrementarse ata un 40% dos gastos segundo criterios do anexoII.
Os investimento en plans e ferramentas de xestión empresarial subvencionaranse cunha axuda dun 40% dos gastos elexibles.
Beneficiarios: Ser microempresas do sector forestal radicadas en Galicia.
Investimentos subvencionables: activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial.
Investimentos en activos fixos productivos
Serán subvencionables os investimentos relativos a operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogumelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). Consideranse con carácter exclusivo os seguintes:
a) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios, non se considerarán os investimentos relativos ao acondicionamento.
b) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: esteladoras, fendedoras de leña, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.
c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.
d) Equipamentos de seguridade.
e) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipamentos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e implementos.
f) Equipamentos tractocargadores completos e os seus implementos forestais (os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiránselles tamén aos tractores orientados á recollida de biomasa, limitando o importe da máquina tractora ao 60 % do valor do equipamento).
g) Rozadoras, en número non superior aos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.
h) Góndolas, plataformas para o transporte da madeira ou biomasa e guindastres que se instalen nelas. O número de plataformas e guindastres limitarase ao número de equipamentos de saca (tractocargadores ou autocargadores) que teña a empresa. Non se subvencionará mais dunha góndola por empresa.
i) Instrumentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.
k) Equipamentos informáticos ata un máximo subvencionable de 2.000 euros/empresa, descontando as axudas percibidas anteriormente por este concepto.
Plans e ferramentas de xestión empresarial
Poderán ser obxecto de subvención os servizos externos de diagnóstico, seguimento, certificación e execución de medidas correctoras, salvo adquisición de maquinaria, nas seguintes actuacións:
a) Consecución e actualización de licenzas para parques intermedios.
b) Implantación na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade para o control de custos, calidade e mantemento.
c) Preparación do proceso produtivo para a adaptación á cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial necesarios para a realización da actividade.
+ INFO ENLACE: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130429/AnuncioG0165-230413-0001_gl.pdf