Resolución de 15 de abril de 2013, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan plazas de profesores en Seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Rumanía, Rusia e Turquía para o curso 2013-2014 do Ministerio de Educación, cultura e deporte. (BOE núm. 24 de abril de 2013)
Prazas: convócase un máximo de 136 prazas de profesores para impartir lingua e cultura españolas e outras áreas de español, nas Seccións bilingües de español de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Rumanía, Rusia, e Turquía, durante o curso académico que abrande dende o 1 de setembro de 2013 ata o 31 de agosto de 2014.
Requisitos:
Candidatos de nova incorporación :
a) Ter nacionalidade española.
b) Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio da docencia.
c) Poseer a titulación requerida na descrición das prazas que se relacionan no Anexo, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
d) Estar ó corrente no pago de súas obrigaciones tributarias e coa Seguridade Social.
e) Non ter sido seleccionado como profesor de algunha das Seccións bilingües dos países mencionados, e ocupado as prazas adxudicadas, en seis ou máis convocatorias, consecutivas ou non.
Candidatos que xa estean ocupando unha praza de profesor poderán solicitar a renovación no mesma sección donde xa exercen, deberán cumprir ademáis estes requisitos adicionais :
a) Contar coa conformidade do centro de destino.
b) Contar co informe favorable do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Méritos: teranse en conta o expediente académico, a experiencia docente e a participación en actividades relacionadas co ámbito educativo, a participación en actividades de formación do profesorado, o coñecemento de idiomas, a motivación e as publicacións.
Forma e prazo de presentación de solicitudes:
Os candidatos cumprimentarán súas solicitudes na sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través da aplicación Profex, accesible desde http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/actividad-internacional.html.
Con antelación á aportación dos datos na solicitude, os candidatos deberán terse dado de alta e cumprimentado seu currículo en dita aplicación.
O prazo para cumprimentar e presentar a solicitude será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no «Boletín Oficial do Estado». Unicamente serán tidos en conta os méritos alegados, e debidamente xustificados, presentados dentro de dito prazo.
Réxime económico:
Os profesores seleccionados percibirán dos centros correspondentes as mesmas retribucións que os profesores de ensinanzas non universitaria de seus países de destino, con dereito a aloxamento e asistencia sanitaria propia do país.
O Ministerio de educación, Cultura e Deporte contribuirá a este programa coas seguintes axudas de conformidade co establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións:
a) Unha axuda complementaria, por unha contía máxima de 13.176 € por curso académico, excepto para os profesores destinados a Rusia, en cuxo caso a contía será de 17.580 € e para os destinados a Turquía, en cuxo caso será de 9.600 €. Esta axuda se dividirá en 12 mensualidades, entre os meses de setembro de 2013 e agosto de 2014, cuxo importe se librará, mediante transferencia, á conta bancaria do interesado en España.
b) Unha axuda, en concepto de gastos de viaxe de ida e volta, de 1.080 € fraccionada en 2 pagos de 540 @, que se librarán igualmente por transferencia á conta bancaria mencionada, coas mensualidades de outubro e maio.
Información: Calquera información sobre esta convocatoria pode obterse:
– No Servizo de Información e Asuntos Xerais do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (Alcalá, 36, 28071 Madrid) e páxina web http://www.mecd.gob.es.
– Na Subdirección Xeral de Promoción Exterior Educativa (paseo do Prado, 28, 5.ª planta, 28071 Madrid, teléfonos 91 506 57 16 e 91 506 55 60), e páxina web: http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/actividad-internacional.html.
ENLACE: