A Consellería de Economía e Industria mantén aberta, a través do Igape, a oferta de diagnósticos integrais e servizos avanzados para facilitar a mellora da competitividade das pemes galegas. A convocatoria, a través do Plan Re-Acciona, está a servir para que máis de duascentas empresas accedesen ata o momento a estes instrumentos e estean en diferentes fases de implantación dos servizos que solicitaron para avanzar na súa mellora competitiva.
Coas últimas solicitudes recibidas, o próximo 30 de abril o Igape procederá a conformar novos grupos de formación para avanzar no desenvolvemento do re-Acciona con novas empresas.
Con todo, en diante manterase aberta a convocatoria para que as empresas interesadas podan solicitar os diagnósticos e servizos avanzados, vía web, cando o estimen oportuno.
Máis información: 902 300 903