1 Entidade adxudicadora:
- Organismo: Concello de Boqueixón
- Obtención de documentación e información:
1 Servizo de Contratación
2 Enderezo: Forte s/n 15881 Boqueixón
3 Teléfono: 981 513061
4 Fax: 981 513000
5 correo electrónico: adela.lamela@boqueixon.es
6 Perfil do contratista: lab.mcapps.es
2 Obxecto do contrato
a Tipo: Servizos
b Descrición: Xestión do servizo público da escola infantil municipal mediante a modalidade de concesión
c Lugar de execución : Escola Infantil Municipal – Lugar de Lestedo – Concello de Boqueixón
d Prazo de execución: A duración do contrato será de 1 ano con posibilidade de prórrogas ata un máximo de 6 anos
3 Tramitación e procedemento:
a Tramitación: Ordinaria
b Procedemento: Aberto
c Forma: concurso de acordo co prego de cláusulas aprobado na Xunta de Goberno realizada o día 4 de abril de 2013. O prego sométese a información pública xunto coa convocatoria de licitación, que se aprazará no suposto de que se formulen reclamacións contra del no prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP. Se o último día coincide en domingo ou festivo, prorrogarase ó seguinte día hábil.
d Criterios de adxudicación: Multiplicidade de criterios
4 Valor estimado do contrato: O custo aproximado do contrato tendo en conta as posibles prórrogas é de 390.000 euros.
5 Presuposto base de licitación:
O tipo máximo de canon a aboar polo concello será de 65.000 euros, IVE excluído. ( ESTA ACTIVIDADE ESTÁ EXENTA DO IVE) Dentro deste canon inclúese a subvención que concede a Xunta de Galicia anualmente para o mantemento da actividade
6 Garantías esixidas: Esíxese garantía definitiva por importe do 5% do importe do contrato, excluído o IVE.
7 Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Será acreditada segundo se especifica no correspondente prego de cláusulas administrativas.
8 Presentación de ofertas:
Prazo para a presentación: 15 días naturais que se contarán a partires do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP
Lugar de presentación: no Rexistro do Concello de Boqueixón
9 Apertura de ofertas: Será no salón de plenos do Concello de Boqueixón e indicarase no perfil do contratista ( lab.mcapps.es) a data e a hora de apertura. Tamén se comunicará ás empresas vía correo electrónico.
10 Gastos de publicidade:Serán por conta do adxudicatario
{wpdm_category=adxudicaci-n-contrato-de-xesti-n-do-servizo-da-escola-infantil-municipal-de-boqueix-n-}