ORDE do 1 de abril de 2013 pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2012/13 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG. núm. 70 do 11 de abril de 2013)
Obxecto: establecer as bases reguladoras e convocar axudas complementarias ao Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2012/13.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de ensinanzas artísticas superiores de centros públicos que cumpra os seguintes requisitos:
a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.
b) Estar matriculado no curso 2012/13 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
c) Ter obtido unha bolsa Erasmus de mobilidade por estudos no curso 2012/13.
d) Que a duración mínima da estadía, para os efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses e a máxima de nove meses.
e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
Prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar:
– A solicitude (anexo I)
– Declaración responsable (anexo II)
– Copia dixitalizada do documento acreditativo de ter concedida unha bolsa Erasmus de mobilidade por estudos no curso 2012/13.
– Declaración responsable de que o solicitante cumpre os requisitos establecidos para obter a condición de beneficiario segundo o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
– Declaración responsable de que o solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Máis información no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130411/AnuncioG0164-040413-0001_gl.pdf.