O concello de Boqueixón participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.
O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en disminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego.
O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.
Ademais ofrece orientación laboral para a inserción das persoas desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través da titorizacion e seguimento persoal permanente. Este acompañamento personalizado canalízase tamén a través do asesoramento especializado a persoas emprendedoras para a posta en marcha da súa idea empresarial.
Poderán acceder ao proceso de selección para participar no proxecto, as persoas desempregadas que estén empadroadas no concello e que cumpran os requisitos de acceso.
As áreas formativas ás que poderán optar serán as correspondentes a Habilidades sociais e comunicativas, alfabetización informática: internet, obradoiros de empregabilidade, responsabilidade social, procura de emprego e novas tecnolóxicas, apoio para a preparación das probas das competencias clave, igualdade de oportunidades, prevención de riscos laborais, xornadas de orientación. Unidades de competencias homologadas que se van impartir: Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión (MF0820), e operación auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións de edificos (MF0816). Certificados de profesionalidade que se van impartir: Operación auxiliares de montaxe de redes eléctricas, Montaxe e mantemento de redes eléctricas de alta tensión 2ª e 3ª categoría e centros de transformación, Montaxe e Mantemento de instalacións solares fotovoltaicas que se desenvolverán nos concellos de Boqueixón e Ames.
As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área de Formación e Emprego do Concello de Boqueixón.
Adxuntos
- cartel redexiana2 (314 kB)
- cartel redexiana2 (314 kB)
- cartel redexiana2 (314 kB)
- cartel redexiana2 (314 kB)