Resolución de 20 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan subvencións para programas de retorno voluntario de persoas inmigrantes do Ministerio de Emprego e Seguridade Social (BOE núm. 78 do 1 de abril de 2013).
Convocatoria: A dirección Xeral de Migracións convoca a concesión de subvencións, en réxime de concurrencia competitiva, para o desenvolvemento de programas de retorno voluntario de persoas inmigrantes, solicitantes de asilo ou persoas que gocen dalgunha protección.
Programas obxecto de subvención:
1 Programa de Retorno Voluntario Asistido con Especial Atención a Persoas Vulnerables cofinanciado polo Fondo Europeo para o Retorno.
2 Programa de Retorno Voluntario Produtivo cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o retorno.
3 Programa de Retorno Voluntario de Atención Social.
4 Programa de Retorno Voluntario Produtivo.
5 Programa de axudas complementarias ó abono acumulado e anticipado da prestación contributiva por desemprego a Traballadores Extranxeiros Extracomunitarios que retornen voluntariamente os seus Países de Procedencia (APRE).
Beneficiarios:
1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións reguladas nesta Orde:
a) As entidades u organizacións non gubernamentais que reúnan os seguintes requisitos:
1.º Ter como fins institucionais primordiais a realización de actividades a favor dos colectivos citados no artigo 1.
2.º Carecer de fins de lucro. A estes efectos, consideraranse tamen entidades sen fins de lucro aquelas que desenvolven actividades de carácter comercial, sempre que os beneficios resultantes das mesmas se invirtan na súa totalidade no cumprimento dos seus fins institucionais, non comerciais.
3.º Ter ámbito de actuación estatal, segundo título constitutivo, excepto aquelas organizacións cuio ámbito territorial de actuación sexa Ceuta e Melilla.
4.º Deberán estar legalmente constituidas e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo estatal.
5.º Dispór da estructura e capacidade suficientes para garantir o cumprimento dos obxectivos, acreditando a experiencia operativa necesaria para elo, de conformidade cos criterios enumerados no artido 9.1.
6.º Non ter reintegrado máis do 40 por cento das axudas e subvencións recibidas en cualquera das últimas cinco convocatorias.
b) Os Organismos Internacionais que teñan sede permanente no Estado español e que ademais cumpran os requisitos previstos nas letras a), b), e) y f) do apartado anterior.
2. A efectos do disposto na presente Orde, non terán a consideración de beneficiarios:
a) As entidades de dereito público, os partidos políticos, as sociedades civiís, os colexios profesionais, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza dos citados anteriormente, salvo que as resolucións de convocatoria establezan o contrario, en función de tipo de programas de que se trate.
b) As entidades nas que concurra algunha das circunstancias contidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro.
As entidades beneficiarias estarán obrigadas a entregar ós beneficiarios últimos dos programas as axudas económicas establecidas nesta Resolución, cando cumpran os requisitos para iso.
Prazo de presentación solicitudes: 20 días naturais contados dende o día seguinte ó da publicación da Resolución no BOE.
Máis Información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/30/pdfs/BOE-A-2012-8773.pdf