A Secretaría Xeral da Igualdade , a través de Resolución do 2/04/2013 , convoca axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
REQUISITOS
- Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica.
- Ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
- Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
- Carecer de recursos económicos ou seren estes de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor e/ou dispor de rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, excluída a parte proporcional de pagas extraordinarias
- Non poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres que percibiron esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27 da LO 1/2004, do 28 de decembro.
PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de outubro de 2013.
INCOMPATIBILIDADES
As axudas reguladas nesta disposición serán incompatibles con calquera outra establecida polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades ou por calquera entidade privada destinadas ao mesmo fin.
Máis información e tramitación de ditas solicitudes chamando ao CIM do Concello de Boqueixón (981513061).