Mediante Resolución do 27 de marzo de 2013, quedan 14 postos vacantes na Feira- mercado de Lestedo, de xeito que se abre o procedemento de adxudicación de novas autorizacións ós /ás feirantes que o soliciten.
Tal como se recolle na Ordenanza Municipal reguladora da expedición do carné para a venda nos mercados- feiras de Boqueixón, así como para venda ambulante no Concello de Boqueixón publicada no DOG nº 11 do 16 de xaneiro do 2013, a solicitude deberá ser presentada pola persoa interesada ou o seu representante legal, mediante instancia dirixida ó alcalde, segundo o modelo establecdido, no Rexistro Xeral do concello, xunto coa documentación requerida que se especifica na Ordenanza citada.
A concesión das autorizacións realizarase por rigurosa orde de entrada das solicitudes no rexistro desta entidade e unha vez revisada a documentación requerida.
Os titulares xa autorizados anteriormente con posto na feira, terán preferencia sobre os novos solicitantes para xestións concretas como pode ser cambio de ubicación de posto, etc.
Para calquera dúbida ou información chamar ó teléfono: 981 513 061