Resolución de 21 de febreiro de 2013, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para participar nun Programa de Inmersión Lingüística para o verán de 2013, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (BOE. Núm.66, do 18 de marzo de 2013)
Obxecto da convocatoria | Convócase, en réxime de concurrencia competitiva, 2200 axudas para a participación nunha das colonias de 2 semanas de duración, organizadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes durante o mes de agosto de 2013. Estas axudas distribúense a súa vez en dous grupos: primeiro e segundo, de acordo cos requisitos que para cada un deles se establecen no apartado seguinte: – 1.320 axudas de ata 476 euros para o grupo primeiro. – 880 axudas de ata 326 euros para o grupo segundo. |
Solicitantes
| a) Poderá optar a estas axudas o alumnado que no presente curso 2012/2013 estea matriculado en centros sostidos con fondos públicos, nalgún dos cursos mencionados a continuación: i. Quinto curso de Ensinanza Primaria. ii. Sexto curso de Ensinanza Primaria. iii. Primeiro curso de Ensinanza Secundaria Obrigatoria. b) A idade dos participantes non poderá superar os 13 anos á data 31 de decembro de 2013. c) Ter obtido como nota media do curso 2011/2012 notable na asignatura de inglés e notable como nota media do curso 2011/2012. narrative essay d) Non obter axudas en convocatorias anteriores. 2. Os solicitantes que á data 31 de decembro de 2012 se atopen nalgunha das seguintes circunstancias, integrarán o denominado grupo primeiro: a) Orfandade absoluta do solicitante. b) Pertencer a familias nas que algún membro esté afectado de minusvalía legalmente calificada. c) Pertencer a familias cuxo sustentador principal se atope en situación legal de desemprego ou teña recoñecida a incapacidade permanente absoluta. d) Pertencer a familia numerosa. e) Pertecer a familia monoparental, cuxo sustentador principal sea viúvo/a, pai ou nai en estado solteiro ou de divorcio, separación legal ou de feito. 3. Os solicitantes que, reuníndo os requisitos xerais, non se atopan en ningunha das circunstancias do apartado anterior formarán parte do denominado grupo segundo |
O prazo de presentación de solicitudes: | Remata o 15 de abril de 2013. |
Tramitación das solicitudes: | Poderán presentarse por rexistro telemático ou en formato papel. Neste último caso, presentarase no centro educativo no que se atope matriculado o alumno. E o centro receptor deberá remitir as solicitudes ó Ministerio no prazo máximo do 18 de abril de 2013. |