Os nenos e nenas da Ocioteca de Camporrapado están xa cos últimos preparativos para o gran estreo da Obra de Teatro “Un conto de Muller”. Con esta historia ríndese unha homenaxe moi especial ás mulleres poñendo así o peche a unha serie de actividades e obradoiros integramente dedicado a elas: As Mulleres.
Lembramos que a representación da Obra é o venres 22 de Marzo, ás 19:00h na Casa da Cultura de Camporrapado.
Un conto de muller
….Ai miña Pequiñas se soubeses o que soñei esta noite! Tiven un pesadelo!! Queres que cho conte?…Mamá sempre me di que debería de deixar de falar coas bonecas porque nunca me van responder… Así que mellor hoxe vou aproveitar que estou acompañada por moita xente para falar con persoas de carne e oso! Queredes que vos conte o pesadelo que tiven esta noite? É unha historia ben curiosa! A xente ía vestida coma se fosen da prehistoria, e tiñan un comportamento moi extraño….ese comportamento foi o que fixo que eu o pasara tan mal durante o pesadelo! Ia sobre unha familia e os seus fillos….Estou pensando unha cousa, gustaríavos velo en lugar de oílo?Sh!! Estade moi atentos…..
[attachments]Cartel obra teatro
Adxuntos
- Cartel obra teatro (104 kB)
- Cartel obra teatro (104 kB)
- Cartel obra teatro (104 kB)
- Cartel obra teatro (104 kB)