Do 1 ao 30 de abril poderase solicitar prazas de novo ingreso e renovacións para a Escola Infantil Municipal de Boqueixón.
Requisitos:
Estar empadroado no termo municipal.
Idade de ingreso:
Idade mínima: ter cumprido os tres meses na data de ingreso.
Idade máxima: non ter cumprido os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2013.
Documentación a xuntar coa solicitude:
– Fotocopia compulsada do libro de familia.
– Fotocopia compulsada do DNI da nai/pai titora ou titor.
– Certificado de empadroamento e convivencia.
– Última declaración do IRPF (2011) ou certificación negativa de facenda de non tela presentada, se é o caso certificación de prestación económica para desempregados do INEM.
– Última nómina, e se é posible contratos de traballo. No caso de ser autónomo fotocopia do último recibo de pago do banco.
– Nos casos de deficiencias ou enfermidades alegadas polos membros da unidade familiar, certificado médico acreditativo.
– No caso de minusvalías físicas, psíquicas ou sensoriais, informe do grao minusvalía, así como da necesidade de integración.
– Documentación acreditativa de incidencias (separación, abandono do fogar, etc…).
– Informe de Servizos Sociais nos supostos que sexan necesarios.
Prégase traer a documentación completa á hora de facer a solicitude ou renovación.
Máis información:
Departamento de Servizos Sociais do Concello.
Tel: 981 513 061.