Dende xaneiro ata o 31 de marzo, este persoal asumido polo concello de Boqueixón a espera da entrevista co Vicepresidente da Xunta e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, donde se intentará entre tódalas partes implicadas se chegue a un acordo para manter este servizo dada a importante labor que realizan no ámbito da comarca , actuaron en catro incendios urbanos, dous concello de Vedra, un no concello de Teo e o último o sábado 2 de marzo na parroquia de Codeso – Boqueixón.
Neste último incendio declarado as 11:30 da maña do sábado, actuaron na extinción os membros do servizo municipal de Boqueixón e contaron coa colaboración dos veciños e do Parque de Bombeiros de Ordes, que chegaron ao lugar do incendio aos 50 minutos, deixando a súa zona de influencia descuberta.