BOLSAS DE FORMACIÓN
FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA – DOG, 25 DE FEBREIRO
Anuncio do 30 de xaneiro de 2013 polo que se convocan 45 bolsas de posgrao no estranxeiro para o ano 2013.
Requisitos dos candidatos: Ter nacionalidade española, ter vinculación con Galicia, bo expediente académico, alta motivación para completar un proxecto claro e de impacto social, dominio da lingua de traballo do país de destino e ter unha titulación universitaria.
O período total do goce da bolsa non será inferior a 3 meses nin superior a 24 para todos os supostos, agás para as estadías predoutorais (modalidade A e B), para as cales o período máximo será de 6 meses.
A solicitude deberá cubrirse directamente a través da páxina web da Fundación Barrié
www.fundacionbarrie.org ata o 31 de marzo de 2013 ás 23.00 h.
Para máis información: becas@fbarrie.org
Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130225/AnuncioG0253-050213-0014_gl.pdf
MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERXIA E TURISMO – BOP, 25 DE FEBREIRO
Resolución de 15 de febreiro de 2013, do Centro Español de Metroloxía, pola que se convocan oito becas para formación de especialistas en metroloxía.
Tipo de becas:
a) Seis becas para a especialización en Metroloxía, ó obxecto de contribuir á formación de Licenciados en Ciencias Físicas, Químicas, Exactas, Bioquímica ou Inxeñeiros. A súa actividade formativa se desenvolverá nas divisións Científica e de Metroloxía Legal.
b) Unha beca para a especialización en Metroloxía… Dita actividade formativa se desenvolverá no servizo de Calidade do Centro.
c) Unha beca para a especialización en Metroloxía, ó obxecto de contribuir á formación de Licenciados en Traducción e Interpretación (Ingles e francés).
Requisitos dos candidatos: Estar en posesión do título adecuado para cada tipo de beca e telo finalizado no año 2006 ou posteriormente.
Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no BOE.
Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/02/25/pdfs/BOE-A-2013-2105.pdf